11/02/2009

Entrevista a Twenty Fighters !


São da vizinha Galiza e estão no activo desde finais de 2002. A cerca de um mês de lançar o seu segundo disco – Esta es mi guerra – (em Portugal pela Hellxis e em Espanha com a Fragment Records) e a pouco mais tempo do seu regresso a terras lusas, os Twenty Fighters estiveram á conversa com o 4TheKids. O percurso da banda, projectos para o futuro, o estado da cena na Galiza e até política foram alguns dos temas visados durante a conversa! Fica aqui o resultado:


4TK: Antes de mais queria agradecer desde já pelo tempo cedido e dar-vos os parabéns pelo vosso trabalho! Uma vez que não existem muitas diferenças entre o galego e o português nós vamos colocar as questões em português mas sintam-se à vontade para responder em galego! Bem, para começar, a pergunta da praxe para aqueles que não vos conhecem: quem são os Twenty Fighters?

20F: Os Twenty Fighters son catro rapaces que medraron xuntos na escena hardcore de Viveiro e que comezaron a sua aventura a fináis do ano 2002 ensaiando e facendo músicas para expresar as súas inquietudes e para compartilas con toda a xente posível.

Twenty Fighters 2009

4TK: Contem-nos um pouco do vosso percurso até aqui! E já agora, qual é a história por detrás do nome “Twenty Fighters”?

20F: Pois dende o ano 2003 estivemos a traballar nas músicas e a tocar, grabamos un split cd cos nosos irmáns “Shattered Dreams” no ano 2004, o noso primeiro disco “From this day” no ano 2007 e agora estamos preparando as datas para presentar o novo album “Esta es mi guerra”.
Con “From this day” tivemos a honra de tocar con bandas que marcaron a nosa infancia e por sorte fixemos moitos amigos que comparten o mesmo sonho ca nos e que siguen crendo no que o hardcore representa.
Esperamos que có novo album poidamos seguir conhecendo novos lugares e persoas, e difundir a mensaxe das nosas músicas a todos aqueles que as queiran escoltar.
O nome Twenty Fighters foi primeiramente o nome dunha das primeiras músicas que escribimos, e un simbolismo da forza e a unidade de todas as persoas cando se xuntan para loitar contra aquilo co que non están dacordo.

4TK: De acordo com a info que está no vosso myspace o próximo álbum já está gravado e deverá sair durante o mês de Março. O que podemos esperar deste vosso trabalho?

20F: O novo traballo é mais directo, máis intenso e complexo, e con máis enerxía. Seguimos facendo músicas rápidas e outras máis a medio tempo con algún toque de melodía nas voces e guitarras,pero sobre unha base puramente hardcore, con toques máis metal desta vez.
Cada banda pasa por un proceso moi longo no que acada o seu propio son, e nós despois de 6 anos cremos que nos estamos achegando un pouco máis ao que é o son dos Twenty Fighters neste novo traballo.

4TK: Pelo que pude ver pelos títulos das músicas do vosso novo trabalho não têm músicas em Inglês. Não receiam que isto vos possa impedir de fazer chegar a vossa mensagem a um público mais vasto?

20F: Iso sempre inflúe, porque o inglés é un idioma máis universal e sería máis facil chegar a xente do extranxeiro, pero ainda que nun principio escribiamos as letras en inglés, atopamos a nosa comodidade facéndoo en castelán, e ainda que nos pode dificultar nese aspecto que ti falas, para nós e moi importante crer no que facemos e escribir en castelán fainos sentir máis realizados.
Tamén é umha maneira de chegar a xente que en principio vai ter ocasión de ouvir a nosa mesaxe, que principalmente seran xente de fala española; ¿de que vale que che entendan os de fora se o teu veciño non sabe de que falas? Por iso non descartamos facer temas en galego ou incluso em Portugués! hahahahaha


4TK: Em Abril vão também regressar aos palcos portugueses! Quais são as expectativas e como se sentem em relação ao público português?

20F: Este será o noso segundo concerto en Portugal, e no primeiro sentímonos moi ben acollidos polos nosos irmáns de Grankapo e Hellxis e tamén polo público portugués, a pesar do difícil que é abrir para bandas tan grandes como son Agnostic Front, Evergreen terrace e Sworn Enemy, só esperamos dar un bo concerto e que todos e todas disfrutedes con nós.

4TK: Para quem nunca os viu ao vivo o que se pode esperar de um concerto dos Twenty Fighters?

20F: Pódese esperar un concerto 100% cheo de enerxía positiva no que catro persoas están dando todo e deixando o mellor de si enriba dun escenario.


4TK: Fugindo agora um pouco às questões musicais. É sabido que o povo da Galiza não se sente muito bem com o facto de ser parte de Espanha, mas nós em Portugal olhamos para Espanha e vemos o IVA (Imposto sobre o consumo) mais baixo que aqui, a gasolina mais barata, politicas sociais à partida mais avançada e parece-nos complicado perceber o porquê desse afastamento. Queres explicar-nos quais as vossas razões?

20F: Non tenhen umha posición definida en relación a ese punto de vista e opción política. Dentro do grupo cada un ten a súa propia visión da Galiza e o que representa para un mesmo, se ben é certo que todos temos un profundo amor pela nosa Terra.
Todo o que estás a dicir é certo, en comparación con Portugal, o estado Espanhol ten os impostos máis baixos.
Non todo o povo Galego ten esa mentalidade, mais hai un sector forte no mundo da política galega que pide independência nacional, e autogoverno, xa que consideran que a xestión feita desde Madrid por Galiza non é a óptima nin a correcta, e sempre fomos os esquecidos do estado espanhol, e dicir, tenhen umha visión da Galiza como nación.

4TK: Já agora, sentem que essas diferenças têm os seus reflexos na cena Hardcore ou no que diz respeito à música deixam isso de parte e tanto vos faz tocar na Galiza como em qualquer outra parte de Espanha?

20F: Da igual se eres de N.Y. ou de Lisboa, ou de Viveiro, o bonito desta "cena" é que é un sentimento universal e tamén "a way of life", o importante son as persoas, poder conhecer lugares novos, bandas novas, e disfrutar de todo isto.


4TK: Têm sido várias as notícias sobre a crise, o desemprego e todas essas coisas. De acordo com o que sabemos é uma realidade que afecta toda a U.E. Como banda acham importante falar dessas realidades nas vossas letras ou costumam apostar noutras temáticas?

20F: Como banda consideramos que o hardcore, sobre todo, é un medio de expresión. Nas nosas letras tratamos sobre todo temas sociais, pero desde un punto de vista máis individual, centrado no día a día de cada un como persoa.
O disco novo trata temas sociais como a emigración, o maltrato, a educación… son problemas sociáis pero máis enfocados ao individuo. Cada un de nós ten umha guerra cada día pela que loitar, e as nosas letras son umhas palabras de alento a toda a xente que ten problemas para ganarlle esa guerra ao mundo e á sociedade.

4TK: Estamos a uma pergunta do fim, mas não queríamos acabar sem saber o que é que os Twenty Fighters aconselham neste momento musicalmente (Hardcore ou não) com origem na Galiza ou em Espanha no geral.

20F: Pois hai moitas bandas amigas, hardcore ou non, que están facendo moi boa música, por exemplo, Rain is Art e Anger second en Viveiro, Pulsar e Seis Senseis da corunha, Oppugno en Almasora, Grankapo e For The Glory em Portugal, Sem desposta de Vigo ou The Awake de Asturies, bandas mais pop e tamén amigas coma Holywater, Nouvelle Cuisine ou Materia, tamen merecen umha ouvida.


4TK: Mais uma vez obrigado pelo vosso tempo! Sintam-se à vontade para deixar aqui uma mensagem ao pessoal, o que quer que vos vá na alma! Vemo-nos dia 24 de Abril!

20F: Obrigado a vocês pela entrevista e por seguir o noso traballo. Un grande abraço a toda a xente do Cadaval Hardcore Crew, vémonos en Abril!!